"Se temos semente, sen folgar sementemos!"
grupo aberto / 2 membros
A biofilia foi definida como «a tendência inata de dirigir a nossa atençom para a vida e os processos vitais». É por ela que podemos achar natureza esteticamente valiosa. Esta hipótese está baseada na «ligaçom inata dos seres humanos a outros organismos vivos» e visa contribuir para umha ética ambientalista, cujo princípio fundamental reside na «necessidade da preservaçom da diversidade orgánica».
grupo aberto / 2 membros
Se queres descubrir máis sobre a Horticultura Urbana e sobre a Asociación Galega de Horticultura Urbana (AGHU), pásate pola nosa web: www.hortaurbana.info
grupo aberto / 1 membros
A Feira pretende atravesar a fisura que separa a Teoría do Espectáculo e así ofrecer un marco no que ambas dimensións se atopen e se involucren mutuamente. Quizais o máis interesante é cómo a partir de aí, o tema da autoxestión xorde case por si só, espontaneamente, ao pór a teoría ao mesmo nivel que o espectáculo: a espectadora vese na obriga de ser activa, ao tempo que a artista expositiva, implicativa, solidaria e responsábel de crear artefactos abertos, sobre os que se poida pensar, facer, interactuar, posicionarse...
grupo aberto / 10 membros
Sementeira é un proxecto posto en marcha pola Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo dirixido a todas/os as/os activistas galegas/os que traballan xa na posta en marcha dunha outra Galiza (e desde Galiza tamé dun outro mundo posible). Pretende trasladar a Internet, para o potenciarmos, o que xa funciona fóra dela: unha rede social de activistas e xente comprometida cunha mudanza radical do sistema, cara á sustentabilidade e fóra das dinámicas destrutoras do sistema hexemónico actual.
Únete á Sementeira, consulta o noso manual introdutorio e comeza a sementar outra Galiza verdadeiramente sustentable!
(Está aínda en fase beta, así que as vosas opinións, preguntas e avisos de fallos serán moi benvidos en vesperadenada ARROBA redegalega PUNTO org. Grazas!)
Blogue: Renovado o web de D3!